Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (6/2011-C).

No procedemento de referencia, concurso 6/2011-C de Eurocasa Promociones de Galicia, S.L., ditouse sentenza o 27 de maio de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que, estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola administración concursal e o Ministerio Fiscal na presente sección sexta do concurso ordinario 6/2011, en que é concursada Eurocasa Promociones de Galicia, S.L., declaro culpable o concurso por concorrencia das causas previstas nos artigos 164.2.1º (irregularidade relevante na contabilidade) e 164.2.5º (saída fraudulenta de bens) da Lei concursal.

Declaro persoa afectada pola cualificación a María Jesús Pérez Baz, e cómplices a Víctor Manuel Pérez Baz e José Castro Comesaña.

Condeno a afectada pola cualificación, María Jesús Pérez Baz, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de cinco anos, así como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período; ao cesamento dos cargos que puidese aínda ocupar na concursada; á perda de calquera dereito que tive se como acredora concursal ou da masa, e a que aboe o 33,33 % do importe do déficit concursal que chegue a verificarse, e condeno os cómplices Víctor Manuel Pérez Baz e José Castro Comesaña á perda de calquera dereito que tivesen como acredores concursais da masa.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente neste órgano logo de constitución de depósito por importe de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, domiciliada na entidade Banesto, no prazo de 20 días desde a súa notificación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Castro Comesaña, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 16 de setembro de 2013

O/a secretario/a xudicial