Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 257/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura María Benítez Pampín contra a empresa Grimpis, S.C. e os seus socios Jesús Mallou Baliño e Alberto Luis Veiga Suárez, sobre ordinario, ditouse Decreto nº 64/2014, do 27 de xaneiro de 2014, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, dos executados Jesús Mallou Baliño (44809254X), Alberto Luis Veiga Suárez (33296577Y) e Grimpis, S.C. (G15957608) pola suma de 2.431,08 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial