Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (16/2014).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 16/2014.

Demandantes: Laura Cereijo Míguez.

Demandadas: Limpiezas El Polígono, S.L., Áncora Hispania, S.L.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 16/2014.

Persoa a quen se cita: Limpiezas El Polígono, S.L., como parte executada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición á comparecencia, facéndolle saber que deberá acudir para tales actos coas probas de que intente valerse.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: sinálase o día 13.3.2014 ás 9.00 horas para a realización da comparecencia, no edificio dos Xulgados, na rúa Berlín, s/n, planta 1ª, sala 3.

Prevencións legais:

1º. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

O/a secretario/a xudicial