Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre exposición, venda, alugamento e taller de maquinaria agrícola.

Maquinaria Agrícola del Noroeste solicitou licenza deste concello para exposición, venda, alugamento e taller de maquinaria agrícola na avenida de Lugo, nº 160, de Chantada, neste municipio. De conformidade co establecido no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España, nº 1, de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, efectuar as correspondentes alegacións.

Chantada, 27 de xaneiro de 2014

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde