Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se notifica a varias persoas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polo canon pendente de pagamento, correspondente ao contrato AC-FPS1-07-005, para a concesión da xestión e explotación do quiosco do Hospital do Salnés.

Por esta cédula, e debido a que o debedor comprendido na relación que a continuación se insire non puido ser atopado no enderezo que figura nos rexistros deste centro, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0046 0115 11 0000001458 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

José Benito Diz Paz

35459421E

Fra. 2012018

Xuño 2012

200,00 €

Fra. 2012024

Xullo 2012

200,00 €

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés