Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9601

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga do convenio colectivo galego de editoriais.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo galego de editoriais, o 23 de xaneiro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO I
Acta da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Galego de Editoriais

En Vigo, na sede de Editorial Galaxia, sendo as 17.00 horas do día 23 de xaneiro de 2014, coa asistencia de Pilar Sampil Sánchez, Manuel Gándara Armada e Carlos del Pulgar Sabín, en representación da Asociación Galega de Editores e de Helena Pérez Fernández, Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), celébrase a reunión da Comisión Negociadora do Convenio Galego de Editoriais coa seguinte orde do día:

1. Constitución da mesa negociadora do convenio.

2. Negociación.

3. Varios.

1. Constitución da mesa negociadora do convenio.

Ambas partes recoñecen a capacidade decisoria na negociación do presente convenio colectivo, quedando formalmente constituída a mesa negociadora do convenio galego de editoriais, por tres membros da Asociación Galega de Editores e tres membros da Confederación Intersindical Galega, representados polas persoas anteriormente mencionadas.

2. Negociación.

Ambas as partes acordan o mantemento na súa totalidade do texto publicado no Diario Oficial de Galicia número 228, do 24 de novembro de 2008, do convenio colectivo galego de editoriais e as retribucións salariais do anexo II durante o período do 1 de xaneiro de 2013 ata o 31 de decembro de 2013.

3. Varios.

A Comisión Negociadora do Convenio Galego de Editoriais, delega en Breixo Lousada Valdés, co DNI 47355398P, o rexistro do acordo para o ano 2013, do convenio colectivo galego de editoriais, ante a autoridade correspondente.

O que en conformidade coa presente asinamos en Vigo, o 23 de xaneiro de 2014.

ANEXO II
Convenio galego de editoriais
Salario mínimo anual ano 2013

Nivel salarial

Salario base mensual

Salario base

14 mensualidades

Paga de beneficios

Complemento

lineal

Salario mínimo anual

1

1.837,80 €

25.729,21 €

2.082,84 €

4.370,06 €

32.182,11 €

2

1.460,81 €

20.451,35 €

1.655,59 €

4.370,06 €

26.477,00 €

3

1.413,69 €

19.791,71 €

1.602,19 €

4.370,06 €

25.763,96 €

4

1.319,45 €

18.472,28 €

1.495,38 €

4.370,06 €

24.337,72 €

5

1.225,20 €

17.152,85 €

1.388,56 €

4.370,06 €

22.911,48 €

6

1.130,95 €

15.833,28 €

1.281,74 €

4.370,06 €

21.485,09 €

7

1.083,83 €

15.173,64 €

1.228,34 €

4.370,06 €

20.772,04 €

8

989,59 €

13.854,21 €

1.121,53 €

4.370,06 €

19.345,81 €

9

942,46 €

13.194,43 €

1.068,12 €

4.370,06 €

18.632,61 €

10

895,34 €

12.534,78 €

1.014,72 €

4.370,06 €

17.919,57 €

11

801,11 €

11.215,50 €

907,92 €

4.370,06 €

16.493,48 €

12

692,70 €

9.697,85 €

785,06 €

4.370,06 €

14.852,97 €

13

631,45 €

8.840,27 €

715,64 €

4.370,06 €

13.925,97 €