Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10566

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 4 de marzo de 2014 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 29.2, do texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º deste decreto lexislativo, esta consellería

dispón:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vítae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de que resulten seleccionados/as para ocuparen os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde funcionarios/as con destino noutra administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable se non se emitir no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e pode, se se considerar oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo para tomar posesión dos novos destinos obtidos será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando os/as adxudicatarios/as dos postos obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade.

Código do posto de traballo: MA.C03.00.001.15770.002.

Centro directivo: D. X. de Conservación da Natureza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral/especial.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 €.

Titulación:

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (req. indispensable).

Denominación do posto de traballo: xefe do Servizo de Conservación da Natureza.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.002.27001.001.

Centro directivo: Xefatura Territorial.

Localidade: Lugo.

Corpo/escala: xeral/especial.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 12.518,28 €.

Titulación:

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (req. indispensable).

Denominación do posto de traballo: xefe do Servizo Conservación da Natureza.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.002.36001.001.

Centro directivo: Xefatura Territorial.

Localidade: Pontevedra.

Corpo/escala: xeral/especial.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 12.518,28 €.

Titulación:

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (req. indispensable).

missing image file
missing image file