Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10848

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (832/2012).

Estefanía Cotobal Martín, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, polo presente

Anuncio:

Que neste xulgado se seguiron autos de procedemento de xuízo verbal 832/2012 por instancia da entidade Filgom, S.L. fronte a Casimira Esteves Alves, en cuxos autos se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Ourense, 7 de xaneiro de 2013.

Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, vistos os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 832/2012, seguidos ante este xulgado entre partes, dun lado, como demandante a entidade Filgom, S.L., representada pola procuradora Begoña Pérez Vázquez e asistida polo letrado Jorge Temes Montes, e doutro, como demandada Casimira Esteves Alves, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, ditou a seguinte sentenza sobre a base dos seguintes.... (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Fallo.

Que considerando integramente a demanda presentada pola procuradora Begoña Pérez Vázquez, en nome e representación da entidade Filgom, S.L. contra Casimira Esteves Alves como administradora única da mercantil Chevalier Sport, S.L., debo condenar e condeno a Casimira Esteves Alves a aboarlle á parte demandante a cantidade de 5.662,68 €, máis os xuros que correspondan desde a presentación da demanda e ata a completa satisfacción da débeda, con expresa imposición das custas á parte demandada.

A presente sentenza non é firme e contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, que deberá interporse no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado, conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, e queda testemuño dela nestes autos.

Así o acordo, mando e asino.

Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, Mercantil de Ourense.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando a realizar audiencia pública no día da súa data, do cal eu, o secretario, dou fe.

E para que así conste e encontrándose a dita demandada, Casimira Esteves Alves, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 27 de xuño de 2013

A secretaria xudicial