Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10846

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3572/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3572/2011-MJC.

Xulgado de orixe/autos: demanda 758/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: María Purificación Conde Vázquez.

Avogado: Francisco José González Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, Quesos Alfredo, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Balbino Irisarri Castro.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3572/2011-MJC desta sala, seguido por instancia de María Purificación Conde Vázquez contra a empresa Quesos Alfredo, S.L. y Otros, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que considerando só en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante Mª Purificación Conde Vázquez contra a sentenza de data do 26 de xaneiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo nos autos número 758/2010, seguidos por instancia da demandante contra o INSS, a TXSS, a mutua Asepeyo e a empresa Quesos Alfredo, S.L., sobre materia de seguridade social, debemos desestimar a excepción de caducidade, e despois de entrar a maxistrada de instancia no exame do fondo do asunto, malia a estimación da excepción de caducidade, debemos confirmar os restantes pronunciamentos da sentenza de instancia, declarar e declaramos que non existiu caducidade, e confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Quesos Alfredo, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial