Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10940

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de tres vehículos recolectores de RSU de 12 m cúbicos con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No Perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de tres vehículos recolectores de RSU de 12 m3 con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente, cun tipo de licitación de 411.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse, ata as 14.00 horas do día 21 de abril de 2014, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 7 de marzo de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense