Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do 19 de febreiro de 2014, o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), de acordo co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo para formular as alegacións que considere pertinentes, para o cal estará exposto na casa do concello en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.30 ás 14.30 horas.

De conformidade co sinalado no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas, nos ámbitos que se relacionan a seguir:

– Solo urbanizable industrial.

– Solo rústico afectado por cambio de categoría en relación co planeamento actual (no caso de que exista incompatibilidade de usos).

– Solo de núcleo rural nas áreas en que exista incompatibilidade entre ambos os planeamentos.

– Solo urbano de Présaras, nas áreas en que exista incompatibilidade entre ambos os planeamentos.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial do planeamento urbanístico e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Vilasantar, 20 de febreiro de 2014

Fernando Pérez Fernández
Alcalde