Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de marzo de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 7 de outubro de 1994 a Hermanos Places, S.A. con destino a ampliación de industria de conservas de peixe e marisco no porto de Cabo de Cruz.

Con data do 11 de febreiro de 2014, o presidente de Portos de Galicia resolve autorizar a incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia, e acorda designar como instrutor do expediente a Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela. O seu réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente sito no Porto, s/n, 15939 Cabo de Cruz, Boiro, provincia da Coruña, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Boiro á mercantil Hermanos Places, S.A., o presente acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia.

O expediente incóase por falta de pagamento da totalidade das taxas relativas á concesión correspondentes aos exercicios dos anos 2005 ao 2013, o que implica o incumprimento da condición xeral 17ª do título concesional e a concorrencia da causa imperativa de caducidade prevista na condición 18ª.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións, e outorgarase para estes efectos un prazo máximo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Boiro.

Á marxe do que resulte da instrución do procedemento en canto a outros motivos de caducidade que poidan concorrer, o aboamento das cantidades debidas antes de ditar resolución implicará o arquivamento do expediente no que atinxe a este motivo concreto de caducidade.

O órgano competente para a resolución do expediente é o presidente da entidade pública Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo cuarto da Orde do 30 de marzo de 2012 da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor