Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 24 de febreiro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade ao acordo polo que se inicia o expediente nº 421 de clasificación como veciñal en man común do monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro de Santa María de Mera do concello de Ortigueira.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 20 de outubro de 2013, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a continuación:

Expediente: 421.

Monte: Can de Carracedo e Chan de Salgueiro de Santa María de Mera.

Comunidade veciñal: Mera de Arriba.

Parroquia: Santa María de Mera.

Concello: Ortigueira.

Superficie: 73,6 ha.

As súas estremas, consonte o plano do deslindamento do monte CUP Can de Carracedo e Chan de Salgueiro de que procede, son:

Norte: do vértice 369 ao 300 do dito deslindamento do CUP Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, seguindo unha liña recta, co monte veciñal en man común Can de Carracedo de Santiago de Mera (expediente 318).

Leste: do vértice 300 ao 340, seguindo a orde destes, do dito deslindamento do CUP Can de Carracedo e Chan de Salgueiro con propiedades particulares.

Sur: do vértice 340 ao 366, seguindo a orde destes, do dito deslindamento do CUP Can de Carracedo e Chan de Salgueiro con propiedades particulares.

Oeste: do vértice 366 ao 369, seguindo a orde destes, do dito deslindamento do CUP Can de Carracedo e Chan de Salgueiro co monte Lume, nº 227 do CUP.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común da Coruña