Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013383AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 29 de xaneiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013383AL-CO incoado a Unha Balea de Lubrís, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Unha Balea de Lubrís, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de febreiro de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013383AL-CO.

Interesada: Unha Balea de Lubrís, S.L. (Ultreia Multibar).

DNI/NIF/CIF: B70371463.

Último enderezo coñecido: Cruz Verde, 3, 15300 Betanzos.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004 do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Artigo 2.1º.2º; artigo 4.1º.a) b); artigo 5.1º.2º.a) b) c) d) e) f) g), 3º.4º.a) b) c); artigo 6.1º. Anexo II. Capítulo I.4º, capítulo VI.3º, capítulo VII.1º.a), capítulo IX.4º e capítulo XII.1) 2).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1º.e) d), artigo 51.1º e artigo 52.1º.a).

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001). Artigo 3.3º.

– Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG nº 205, do 26 de outubro). Artigo 2.1º.2º, artigo 4.1º.a) b) e artigo 6.1º.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.