Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11361

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crea e clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional na Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación Provincial de Ourense formula proposta relativa á creación do posto de vicesecretario xeral, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de secretaría, categoría superior, conforme o acordo adoptado polo Pleno en sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2014, sobre aprobación definitiva da relación de postos de traballo para o exercicio 2014.

O artigo 2.g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e ser clasificados por proposta daquelas polo órgano competente da comunidade autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2, 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Crear o posto de traballo de vicesecretario xeral, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de secretaría, categoría superior da Deputación Provincial de Ourense clasificándose como se especifica no anexo que se achega a esta resolución.

Segundo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación conforme co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Deputación Provincial de Ourense.

Posto: vicesecretaría xeral.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Forma de provisión: libre designación.