Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11540

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (343/2013).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante este edicto anuncio:

No recurso de apelación nº 343/2013, interposto por Abdelghani Kacim, ditouse sentenza o 29 de xaneiro de 2014, cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Decidimos que, desestimando o recurso de apelación interposto por Abdelghani Kacim, debemos confirmar e confirmamos a sentenza apelada, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, o 15 de xullo de 2013; todo iso con imposición á parte recorrente das custas procesuais causadas, coa limitación cuantitativa establecida no fundamento xurídico cuarto.

Notifíquese ás partes e entréguese copia ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta é firme e que contra ela as persoas e entidades a que se refire o artigo 100 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderán interpoñer o recurso de casación en interese de lei do artigo citado, dentro do prazo dos tres meses seguintes á súa notificación. Así mesmo, poderán interpoñer contra ela calquera outro recurso que consideren adecuado á defensa dos seus intereses. Para admitir a trámite o recurso, ao interpoñerse deberá constituírse na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570-0000-85-0343-13-24) o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE núm. 266, do 4 de novembro); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Abdelghani Kacim, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2014

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial