Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento, aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas, os titulares dos expedientes nos cales se acordou esta suspensión poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2008.1.93

Trapimg Gráfica, S.L.

Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo)

3.2.2014

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG127.2010.3.264

Poseidon Vertical, S.L.

Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores cofinanciadas polo Feder (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 4 de abril de 2012, DOG núm. 77, do 23 de abril)

9.1.2014

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG132.2010.3.7

Eganet

Axudas á implantación e certificación de proxectos de I+D+i de sistemas de xestión cofinanciadas polo Feder (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 4 de abril de 2012, DOG núm. 77, do 23 de abril)

9.1.2014

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG172.2011.1.221

Padel One Internacional, S.L.

Axudas á internacionalización das empresas galegas: liña márketing, comunicación, imaxe e marca (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

11.12.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG178.2010.1.83

D´Baño, C.B.

Axudas ao sector do comercio polo miúdo complementarias á liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Resolución do 25 de febreiro de 2010, DOG núm. 44, do 5 de marzo)

25.11.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG178.2010.1.242

Gaban, C.B.

Axudas ao sector do comercio polo miúdo complementarias á liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Resolución do 25 de febreiro de 2010, DOG núm. 44, do 5 de marzo)

25.11.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos