Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición de mobiliario clínico no marco do eixe 6, tema prioritario 76, do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, con destino ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-13-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: mobiliario clínico.

c) Lotes: 9 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG número 105, do 4 de xuño de 2013.

BOE número 129, do 30 de maio de 2013.

DOUE 2013/S 099-169402, do 24 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 343.194,26 €.

Orzamento con IVE: 389.331,95 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 30 de outubro de 2013.

Lotes 2 e 8: 21 de outubro de 2013.

Lote 3: 4 de novembro de 2013.

Lote 4: 31 de decembro de 2013.

Lote 5: 23 de outubro de 2013.

Lote 6: 31 de decembro de 2013.

Lote 7: 17 de outubro de 2013.

Lote 9: 18 de outubro de 2013.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote 1: 20 de novembro de 2013, Galmédica, S.L.

Lote 2: 13 de novembro de 2013, Galmédica, S.L.

Lote 3: 27 de novembro de 2013, Industrias Hidráulicas Pardo, S.L.

Lote 4: 5 de febreiro de 2014, José Queraltó Rosal, S.A.

Lote 5: 14 de novembro de 2013, Hill-Rom Iberia, S.L.

Lote 6: 5 de febreiro de 2014, Hill-Rom Iberia, S.L.

Lote 7: 8 de novembro de 2013, José Queraltó Rosal, S.A.

Lote 8: 13 de novembro de 2013, El Corte Inglés, S.A.

Lote 9: 11 de novembro de 2013, KL-1 Mobiliario de Oficina, S.L.

c) Importe de adxudicación.

Orzamento sen IVE: 274.493,81 €.

Orzamento con IVE: 311.928,72 €.

Santiago de Compostela,12 de febreiro de 2014

P.D. (Decreto 43/2013, Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos