Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de febreiro de 2014 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2012000997 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01213, eixe de comunicacións A-52-Fronteira portuguesa.

Treito I: Vac. A-52-Celanova Sur. Clave: OU/01/101/01.75.1.

Concello: A Merca.

Provincia: Ourense.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Lisardo Outomuro Rodríguez

Lisardo Outomuro Rodríguez

José Seara Cid

Clotilde Feijoo Santos

Emilio Borrajo Borrajo

Auria Borrajo Conde

Clotilde Feijoo Santos

Hros. Julia Iglesias Grande

Hros. José Manuel Rodríguez Campos

Lisardo Outomuro Rodríguez

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

21.11.2013

2012000997

2012001001

2012001011

2012001012

2012001013

2012001015

2012001018

2012001040

2012001042

2012002161

1321 A

1372

1200

1224

1249

1264

1310

1361

1370

1373

264,60

282,24

309,96

302,40

597,24

317,52

680,40

186,48

1.927,80

2.111,76