Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento de documentación en relación ao expediente de subvención número 15360005/2010.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 15360005/2010. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase a interesada de que, se non emenda a falta ou non xunta os documentos preceptivos nun prazo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 15360005/2010.

Interesada: Explotaciones Forestales del Deza, S.L.

Último enderezo coñecido: lgr. de Selo, Fontecabalos, 4, 36517 Lalín (Pontevedra).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 5 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais.