Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de marzo de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/134/2012, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 12 de febreiro de 2014, ditou resolución pola que se ordena a demolición das obras de instalación de vivenda prefabricada de planta baixa cun soportal pechado, soleira de formigón diante da vivenda, instalación dunha caseta metálica prefabricada sobre soleira de formigón, na parcela 240 do polígono 19, en punta Faxilde, Soutullo, Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres meses contados desde a notificación da presente resolución, dando conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Alfonso Blanco Fernández e María Mar Yebra Rodríguez, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística