Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de marzo de 2014 pola que se notifica a resolución de suspensión de obras derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/79/2014-S1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 11 de febreiro de 2014, resolución ordenando a inmediata suspensión das obras nunha edificación para uso residencial, no lugar de Trasmañó, San Vicente de Trasmañó, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, a retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra suspendida, a maquinaria afecta a ela, e a suspensión das correspondentes subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións das obras que se ordena paralizar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á entidade Construcciones Comesaña e Hijos, S.L., mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se no exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística