Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 12007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de febreiro de 2014 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2012000189 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01174, novo hospital de Vigo. TM Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Consellería de Sanidade.

Beneficiario: Servizo Galego de Saúde (Dirección de Recursos Económicos).

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Edelmiro Rodríguez Barros e outra

Mercedes Rodríguez Quintas e outra

Ernesto Rodríguez Estévez

Ernesto Rodríguez Estévez

Carmen Giráldez Gómez e outros

Francisco Pérez Alonso

Francisco Pérez Alonso

Francisco Pérez Alonso e outros

Yolanda Castro Rodríguez

Elvira Piñeiro Alonso

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

7.11.2013

2012000189

2012000202

2012000208

2012000209

2012002451

2012002452

2012002453

2012002466

2013000026

2013000031

38-1

106

208

209

200

203-1

228

393

39

85

45.216,35

5.462,05

8.848,29

9.764,71

8.087,12

17.079,40

9.514,62

5.197,27

9.575,00

13.080,68