Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 12005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de febreiro de 2014 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2011003913 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01155, mellora da seguridade viaria na estrada PO-308.

Treito: Portonovo (p.q. 18,370)-A Lanzada (p.q. 27,970). Clave: PO/07/258.06.

Concello: Sanxenxo.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Juan Ramírez Piñeiro

Leopoldo Leiro López

Crescencio Pérez Rodríguez

María Carmen García Portela

María Luisa Seijo Domínguez

Elvira Dadín Chan

Antonio Touriño Lima

Luis Piñeiro Dosil

Elpidio Martínez Otero

Luis Piñeiro Dosil

Matilde Piñeiro Vázquez

Norma Luisa Basdedios Otero e outro

Sonia Magán Carrillo

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

24.10.2013

2011003913

2011003922

2011003957

2011003971

2011003996

2011004016

2011004099

2011004116

2011004119

2011004120

2011004121

2012002113

2012002119

73-0

87-0

147-0

171-0

205-0

230-0

368-0

392-0

396-0

398-0

399-0

269-0

423-0

21.978,47

12,60

25.524,45

16.627,80

987,00

997,50

9.351,30

94,50

2.734,20

2.492,70

7.140,00

1.964,00

6.526,80