Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no trámite de audiencia dun recurso contra unha modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vilar (Touro-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recurso de alzada contra a resolución de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vilar (Touro-A Coruña) do 9 de outubro de 2013.

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

– Lucía Rodríguez Santos.

– Fernando Fernández Rodríguez.