Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de ampliacións dos sistemas de almacenamento para a Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 35/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 35/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de diversas ampliacións para sistemas de almacenamento existentes na Xunta de Galicia coa finalidade de dimensionalos axeitadamente para os procesos de consolidación e homoxeneización.

b) División por lotes e número: si, 3.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 3 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipamentos que se vaian subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.784.000,00 €, máis 584.640,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 3.368.640,00 € (tres millóns trescentos sesenta e oito mil seiscentos corenta euros), que se distribuirán segundo os lotes:

– Lote 1: ampliación de directores Fibre Channel:

512.000,00 € + IVE (107.520,00 €) = 619.520,00 €.

– Lote 2: ampliación dos sistemas de almacenamento EMC VNX 7500:

1.136.000,00 € + IVE (238.560,00 €) = 1.374.560,00 €.

– Lote 3: ampliación dos sistemas de almacenamento NetApp 3270:

1.136.000,00 € + IVE (238.560,00 €) = 1.374.560,00 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20231

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15.4.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíen por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres 1 e 2 indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 16.1.2014.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 17.3.2014.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia