Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación para a adxudación, mediante poxa, de concesións demaniais para a explotación de postos vacantes na praza de abastos de Marín e no mercado municipal de Seixo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Marín, avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín. Órgano de Contratación: Alcaldía.

2. Obxecto: licitación pública das concesións demaniais para o uso privativo de varias bancadas e postos vacantes na praza de abastos de Marín e no mercado municipal de Seixo.

3. Tramitación: ordinaria, aberto e poxa.

4. Canon da concesión: variable segundo os metros de postos a que se opte, recollido na cláusula 4ª do prego de condicións.

5. Criterio de adxudicación: único. Incremento do canon da concesión.

6. Duración da concesión: polo prazo improrrogable de trinta (30) anos, contados a partir da data da súa formalización.

7. Garantía: provisional: non se prevé a súa constitución. Definitiva: 3 % do canon mínimo da licitación por cada posto.

8. Obtención de documentación e información: perfil do contratante na web do Concello de Marín www.concellodemarin.es e Secretaría do Concello de Marín. Avenida de Ourense, s/n, Marín 36900. Teléfono: 986 88 03 00.

9. Presentación de ofertas: trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns nos que aparezan (DOG e BOP). Documentación: cláusula 13 ª do prego. Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Marín, das 8.00 ás 14.30 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados.

10. Apertura das ofertas e criterios de adxudicación: cláusulas 14ª e 15ª do prego de cláusulas administrativas.

Coa publicación deste anuncio procédese á apertura do prazo de exposición pública do expediente no seu conxunto, incluíndos os pregos de condicións, e abrirase o prazo para a licitación e presentación de ofertas polos interesados por igual prazo. Advertirase expresamente de que, para o suposto de que se presentasen alegacións, o procedemento de licitación e os seus prazos quedarán en suspenso ata a súa resolución.

De non practicarse ningunha alegación no prazo estipulado, darase por aprobado definitivamente o citado expediente e prego de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares que rexerán o procedemento.

Marín, 25 de febreiro de 2014

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa