Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 380/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cripriana Carmen Mós Álvarez contra a empresa Isla Vionta, S.L., Mutua Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, ditouse a Sentenza nº 83 cuxo encabezamento e ditame é do teor literal:
«Sentenza.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014.
Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 380/2012, promovidos ante este xulgado sobre reclamación de prestación por incapacidade temporal derivada de enfermidade común, por instancia de Cipriana Carmen Mós Álvarez, asistida do letrado Fernando Escariz Fernández, contra Isla Vionta, S.L., que non comparece, contra a Mutua Fremap, asistida polo letrado Carlos Ojea Carballeira, contra o INSS e a TXSS, asistidos pola letrada da Seguridade Social Natalia Suárez Herva, pronunciou a seguinte sentenza.
(…)
Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta e declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de 2.903,53 euros en concepto de diferenzas de subsidio por incapacidade temporal correspondente ao período do 28 de abril ao 13 de decembro de 2011, calculado sobre unha base reguladora de 59,48 euros diarios e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados Isla Vionta, S.L., Fremap e o INSS a estar e pasar pola anterior declaración, sendo responsable directa a empresa por infracotización, con deber de anticipo da mutua respecto do devandito importe e sen prexuízo do seu dereito de repetición. Todo iso coa responsabilidade subsidiaria do INSS.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.
Así o acordo, mando e asino.
A xuíza substituta»
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Isla Vionta, S.L., expido o presente edicto.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014
A secretaria xudicial
