Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12746

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Mediante Resolución do 11 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 218, do 14 de novembro), abriuse o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Unha vez finalizado o prazo establecido na base cuarta.3 da dita resolución, foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polos interesados.

Concluídos os anteriores traballos, na sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro do presente ano, a Comisión Permanente Central constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG número 48, do 9 de marzo), acordou elevar ao órgano convocante as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no punto oitavo da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados ao persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo. As ditas listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

Nas ditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia na mesma escala, segundo o modelo que figura como anexo desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretaria/o xeral técnico/a, subdirectora/or xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefas/es territoriais ou funcionaria/o responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores provinciais ou delegados comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluído non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto os solicitantes provisionalmente admitidos como os provisionalmente excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública - listas de contratación temporal.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e darase publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Certificación de servizos prestados

(Resolución do... , DOG nº..., do... de... de 201...)

Dª/D....

(Nome do/da funcionario/a que certifica)

Cargo...

CERTIFICA:

Que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, Dona/Don..., con DNI nº..., prestou servizos no corpo, escala, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que a seguir se indican:

Grupo/categoría

(código)

Corpo/escala

(código)

Denominación

do posto

Consellería ou organismo autónomo da Xunta de Galicia

Código de posto de traballo (de ser o caso)

Descontinuo
(si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data
de inicio

Data
de fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino esta certificación en..., ... de ... de 201...

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2012.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.