Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CT e RBT Pradedo.
Situación: concello de Narón.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,020 km, con orixe na cela de liña libre do CT Quintá (expediente 231/05), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240) Al, e final no CT proxectado.
Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Liña de baixa tensión aérea con orixe no CT proxectado, cunha lonxitude de 1,600 km, en condutor RZ.
Liña de baixa tensión soterrada con orixe no CT proxectado, cunha lonxitude de 0,281 km, en condutor XZ1.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.
A Coruña, 6 de marzo de 2014
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
