Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de nave industrial e actividade de gardaría de vehículos e xestión de residuos na Barxa.

Cespa, S.A. solicitou licenza de acondicionamento de nave industrial e licenza de actividade para gardaría de vehículos e xestión de residuos que se situará na rúa Lagares, parcela M9.09, S.A.U. 9, A Barxa, Nigrán (expediente 13/0195SU).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún modo pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 23 de xaneiro de 2014

Alberto Valverde Pérez
Alcalde