Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13188

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para fixar as aliñacións na estrada OU-533 da Rúa.

O Pleno do Concello da Rúa, en sesión que tivo lugar o 3 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para fixar aliñacións na estrada OU-533, rúa Progreso deste concello, promovido por Antonio Vila Ouro e segundo documento redactado polo Gabinete de Arquitectura X.D.F., arquitectos José Martínez e Daniel Rodríguez.

Segundo. Publicar este acordo no DOG e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP de Ourense, ao abeiro do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Comunicar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, conforme o disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle e darlle á vez traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran sobre o que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo constar no anuncio de aprobación definitiva a remisión da documentación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Cuarto. Notificarlles o contido íntegro deste acordo aos interesados, e advertirlles que este acordo pon fin á vía administrativa e contra el se poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa notificación ou publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, con data do 6 de marzo de 2014.

Este acordo pon fin á vía administrativa, e poderase interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribuntal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outra que se considere pertinente.

O estudo de detalle entrará en vigor aos quince días hábiles da publicación da normativa no Boletín Oficial da provincia de Ourense (artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local).

A Rúa, 6 de marzo de 2014

Avelino García Ferradal
Alcalde