Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13298

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

Unha vez presentada a renuncia do secretario suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG nº 140, do 24 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por David Conde Varela como secretario suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

Segundo. Nomear no seu lugar como secretaria suplente do dito tribunal a María Inmaculada Carril Barco, funcionaria pertencente ao corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda