Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13299

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014 pola que se modifica a do 27 de febreiro pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia en virtude de resolución do recurso de reposición interposto contra a adxudicación do posto número 14 e se dá publicidade ao acordado nel.

Mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2014 (DOG núm. 42, do 3 de marzo) resolveuse o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado por Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2013 (DOG núm. 40, do 3 de marzo).

No anexo I da dita resolución adxudícaselle o posto número 14, PR.501.00.003.15770 .006, Xefatura da Sección Punto de Coordinación Ordes de Protección, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en Santiago de Compostela, a María Victoria Azañedo Barbero.

Ese posto excluírase da relación de postos ofertados no concurso por Orde da Consellería de Facenda do 14 de outubro de 2013 (DOG núm. 198, do 16 de outubro), tras a súa adxudicación en execución da sentenza ditada nos autos número 347/2011, seguidos ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Unha vez interposto recurso de reposición pola titular do posto número 14, este foi aceptado por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 21 de marzo de 2014, na cal se acorda deixar sen efecto a adxudicación a María Victoria Azañedo Barbero.

Na mesma resolución adxudícaselle a María Victoria Azañedo Barbero o posto número 637, con código CU.C04.00.001.15770.015, actualmente ED.302.00.001.15770.015, que tamén solicitara esta concursante e que quedou vacante por renuncia do adxudicatario realizada ao abeiro do disposto na base VIII.1 da convocatoria, tras obter con posterioridade á resolución do concurso outro posto con carácter definitivo.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o anexo I da Resolución do 27 de febreiro de 2014 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sentido de excluír o posto número 14, con código PR.501.00.003.15770.006, Xefatura da Sección Punto de Coordinación Ordes de Protección, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en Santiago de Compostela.

Segundo. Publicar a adxudicación efectuada en vía de recurso do posto con código ED.302.00.001.15770.015, xefatura de sección adscrita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en Santiago de Compostela, a Mª Victoria Azañedo Barbero.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública