Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (955/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 955/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Mouriño Naseiro contra a empresa Brochas, S.A., Geshotel Catering, S.L., Hostelga Coruña, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Reforzo.

Sentenza: 127/2014.

Juez: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 955/2013.

Demandante: Óscar Mouriño Naseiro.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandado:

– Hostelga Coruña, S.L.

Letrado:

– Geshotel Catering, S.L.

Letrado:

– Brochas, S.A.

Letrado: Sr. Rodríguez Núñez.

Fogasa:

Letrado:

Sentenza nº 127/2014.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Óscar Mouriño Naseiro contra a empresa Hostelga Coruña, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 37.003,69 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 44,65 euros/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Óscar Mouriño Naseiro fronte ás empresa Brochas, S.A. e Geshotel Catering, S.L. e, en consecuencia, absólvoas de todas as peticións formuladas contra elas.

4º. O Fogasa deberase ater ao disposto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Xulgado do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Geshotel Catering, S.L. e Hostelga Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial