Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1070/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1070/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Varela Torres contra a empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e a administración concursal de Grupo Empresarial Lomba, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Reforzo.

Sentenza 41/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1070/2013.

Demandante: José Antonio Varela Torres.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandados: Grupo Empresarial Lomba, S.L., Administrador concursal do Grupo Empresarial Lomba, S.L., Fogasa.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014.

Decido:

Estimo a demanda formulada por José Antonio Varela Torres fronte a Grupo Empresarial Lomba, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 9.886,12 euros á conta da súa indemnización por despedimento obxectivo. O Fogasa e a administración concursal da empresa condenada deberán pasar pola presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Grupo Empresarial Lomba, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial