Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de vacún de leite no Casal (Cebreiro).

Casa Eiras, S.C. solicitou nesta alcaldía licenza municipal de ampliación de explotación de vacún de leite no lugar do Casal, nº 1, en Cebreiro, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 10 de marzo de 2014

Manuel Taboada Vigo
Alcalde