Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexirán a contratación, por procedemento aberto, do servizo de limpeza de dependencias de edificios municipais.

Por Resolución da Alcaldía, do 28 de febreiro de 2014, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán a contratación, por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación, do servizo de limpeza de dependencias de edificios municipais.

Anúnciase a licitación do servizo de acordo coas seguintes prescricións:

Entidade adxudicadora: Concello de Rábade.

Organismo: Alcaldía.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

1. Obxecto do contrato.

Servizo de limpeza de dependencias de edificios municipais, de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

2. Lugar de execución: véxase o prego de condicións técnicas que rexen o contrato. Prazo de execución: dous (2) anos. Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe 31.157,50 €/ano (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: segundo o prego de cláusulas administrativas e texto refundido da Lei de contratos do sector público.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rábade.

b) Domicilio: praza 28 de maio, s/n.

c) Localidade e código postal: Rábade, 27370.

Teléfono: 982 39 00 62.

Telefax: 982 39 04 11.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.rabade.org

Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior ao da finalización do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se exixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas, sobre solvencia técnica e económica.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: finalizará aos quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o que sexa posterior.

Documentación que cómpre presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral do Concello de Rábade.

2ª. Domicilio: praza 28 de maio, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Rábade, 27370.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Rábade, 28 de febreiro de 2014

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde