Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rairiz de Veiga

ANUNCIO de licitación de servizo público de atención á terceira idade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Rairiz de Veiga.

b) Obtención de documentación e información:

– Dependencia: Secretaría-Intervención.

– Enderezo: Praza do Concello, nº 1.

– Localidade e código postal: Rairiz de Veiga, 32652.

– Teléfono: 988 46 55 52.

– Fax: 988 46 55 55.

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://dpouv2.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizo público (concesión).

b) Descrición: servizo público de atención á terceira idade, fogar residencial e centro de día do concello de Rairiz de Veiga.

c) Prazo de execución: vinte (20) anos.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Redución das tarifas que deberán aboar os usuarios do servizo de residencia, de 0 a 15 puntos.

– Redución das tarifas que deberán aboar os usuarios do servizo de centro de día, de 0 a 10 puntos.

– Canon anual que o licitador se compromete a aboar ao concello pola explotación do servizo, de 0 a 10 puntos.

– Proxecto de explotación, de 0 a 10 puntos.

4. Canon mínimo que cómpre satisfacer.

– Exercicio 2014: 3.000,00 euros.

– Exercicio 2015: 8.000,00 euros.

– Exercicio 2016 e seguintes: 12.000,00 euros.

5. Garantías exixidas.

– Provisional: non.

– Definitiva: cincuenta mil (50.000) euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

– Clasificación: non.

– Outros: os establecidos no prego.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar e horario: Rexistro Xeral do Concello de Rairiz de Veiga. Praza do Concello, nº 1, 32652 Rairiz de Veiga (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas.

c) Documentación: a establecida na cláusula IX do prego.

8. Apertura de ofertas.

O quinto día hábil (excepto sábados) posterior a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 10.30 horas no salón de sesións do Concello.

9. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario ata o importe máximo de dous mil (2.000) euros.

Rairiz de Veiga, 24 de marzo de 2014

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio
Alcalde