Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a corrección dun erro na publicación da documentación técnica para a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación de obras de mellora de accesibilidade, instalacións e sistemas de información nas estacións de autobuses de Cangas, Gondomar, Ponteareas e Vigo, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

No DOG núm. 59, do 26 de marzo de 2014, publicouse a Resolución do 21 de marzo de 2014 pola que se anunciaba a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación de obras de mellora de accesibilidade, instalacións e sistemas de información nas estacións de autobuses de Cangas, Gondomar, Ponteareas e Vigo, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertido erro na publicación da documentación técnica no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20270, modifícanse as seguintes datas:

Data límite de presentación da documentación e información: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Datas de apertura: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas