Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCION do 18 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación As Millaras número 5259, situada no concello de Porqueira, provincia de Ourense, e promovido por Áridos F. Dacal, S.L.

O artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da concesión de explotación As Millaras nº 5259, situado no concello de Porqueira, provincia de Ourense, e promovido por Áridos F. Dacal, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten, a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas dependencias desta xefatura territorial e no portal da Consellería de Economía e Industria, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 18 de febreiro de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial