Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14012

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a concesión dos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2013 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 24 de xullo de 2013 (DOG núm. 150, do 7 de agosto).

A Orde do 24 de xullo de 2013 estableceu as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais, para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta orde establecéronse tres categorías de premios e as contías correspondentes a cada unha delas; así mesmo, prevíase que o xurado puidese outorgar unha mención especial a algún dos proxectos participantes que non tería dotación económica.

As bases reguladoras dispoñen que, co fin de cumprir co principio de concorrencia, as candidaturas sexan examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora, e sinalan que a concesión dos premios se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Á vista do ditame do xurado, emitido na súa reunión do 26 de decembro de 2013, unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas, e con base na proposta elevada pola Dirección Xeral de Administración Local, o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no uso das atribucións conferidas polo artigo 9 da Orde do 24 de xullo de 2013, ditou resolución pola que se conceden os premios Coopera Galicia Entidades Locais na súa edición 2013 e se outorgan as mencións especiais.

Polo que antecede, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 9 da Orde do 24 de xullo de 2013, segundo o cal deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia a concesión dos premios,

Resolvo:

Publicar no Diario Oficial de Galicia os premios Coopera Galicia Entidades Locais 2013 e as mencións especiais sen dotación económica, concedidos por Resolución do 31 de decembro de 2013, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinados a impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos mellores proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

O importe total dos premios é de 77.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.460.1 (C.P. 2013 00104) correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, nas contías individuais e premiados que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

Anexo
Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2013

Categoría

Entidade

Concellos integrantes

Proxecto premiado

Importe
do premio

1º premio

Mancomunidade de municipios de Arousa Norte

Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo

Prestogal Concellos

40.000,00

2º premio

Mancomunidade Terra de Celanova

Quintela de Leirado, Verea, Ramirás, A Merca, Pontedeva, Cartelle, Celanova e Gomesende

Mancomunidade Terra de Celanova Innova

25.000,00

3º premio

Consorcio Local Conca do Lérez

Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade

Proxecto piloto de aforro da iluminación pública, xestión de incidencias e central de compras

12.500,00

Mención especial

Agrupación de concellos Nogueira de Ramuín e outros

A Teixeira, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Esgos, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín

Xuntaespano

Sen dotación económica

Mención especial

Agrupación dos concellos de Dodro, Padrón e Rois

Dodro, Padrón e Rois

Xestión compartida de servizos Terra de Iria

Sen dotación económica

Mención especial

Consorcio As Mariñas

Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada

Sistema de valorización de residuos vexetais dos puntos limpos

Sen dotación económica