Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14015

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Orde do 8 de agosto de 2013, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación das persoas beneficiarias e os importes das axudas concedidas.

Estes fondos Feder están incluídos dentro do programa operativo Feder 2007-2013, no seu eixe 5 de desenvolvemento sustentable local e urbano, tema prioritario 58, actuación 5, que ten como fin, entre outros, as axudas ás entidades locais para infraestruturas de uso público.

De acordo co anterior,

Resolvo:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do 13 de novembro de 2013, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinadas a subvencionar a execución de infraestruturas de uso público por parte dos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciada con fondos Feder (80 %), cun importe total de 1.284.972,09 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.760.3 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, nas contías e entidades beneficiarias que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

Anexo
Relación de axudas destinadas a subvencionar a execución de infraestruturas
de uso público por parte dos concellos de Galicia, cofinanciadas
con fondos Feder (80 %)

Entidade beneficiaria

Departamento territorial

Importe subvención

Baiona

Vigo

39.893,94

Baleira

Lugo

6.759,23

Bande

Ourense

40.000,00

Barco de Valdeorras, O

Ourense

21.253,22

Burela

Lugo

29.822,14

Cabanas

A Coruña

7.918,47

Cambados

Pontevedra

40.000,00

Castrelo do Val

Ourense

25.690,76

Castroverde

Lugo

3.368,64

Cenlle

Ourense

13.397,18

Cortegada

Ourense

8.000,11

Dodro

A Coruña

20.031,27

Esgos

Ourense

8.804,38

Estrada, A

Pontevedra

40.000,00

Fene e Neda (agrupación de concellos)

A Coruña

32.627,64

Foz

Lugo

13.599,00

Friol

Lugo

40.000,00

Gondomar

Vigo

40.000,00

Grove, O

Pontevedra

38.983,10

Lama, A e Fornelos de Montes (agrupación de concellos)

Pontevedra/Vigo

45.988,46

Leiro

Ourense

9.733,60

Manzaneda e A Pobra de Trives (agrupación de concellos)

Ourense

45.988,50

Marín

Pontevedra

39.998,58

Nogais, As

Lugo

40.000,00

Oroso

A Coruña

40.000,00

Peroxa, A

Ourense

40.000,00

Petín

Ourense

16.000,00

Pobra do Caramiñal, A

A Coruña

39.973,46

Ponte Caldelas

Pontevedra

14.316,32

Ponteareas

Pontevedra

40.000,00

Pontedeva

Ourense

20.000,00

Porqueira, A

Ourense

40.000,00

Porto do Son

A Coruña

37.554,13

Ribadumia

Pontevedra

20.353,44

Ribeira de Piquín

Lugo

20.843,90

Rúa, A

Ourense

39.920,00

Sada

A Coruña

39.999,32

Sarria

Lugo

40.000,00

Vedra e Boqueixón (agrupación de concellos)

A Coruña

29.030,32

Viana do Bolo

Ourense

23.319,06

Vilamarín e San Cristovo de Cea (agrupación de concellos)

Ourense

39.928,40

Vilardevós

Ourense

39.996,00

Xermade

Lugo

23.821,42

Zas

A Coruña

28.058,10

Total

1.284.972,09