Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14184

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro Caldelas

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, do contrato de servizos de atención ao público na Oficina de Turismo no castelo de Castro Caldelas.

De conformidade coa Resolución de Alcaldía do 20 de marzo de 2014, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato de servizos de atención ao público na Oficina de Turismo no castelo de Castro Caldelas, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Castro Caldelas.

b) Obtención de documentación e información: rúa Concello, nº 1, 32760 Castro Caldelas. Teléfono: 988 20 30 00, fax: 988 20 34 81, correo electrónico:

correo.castrocaldelas@fegamp.es

2. Obxecto do contrato: atención ao público na Oficina de Turismo no castelo de Castro Caldelas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. 27.272,73 € sen IVE, e 33.000,00 € con IVE.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigo 15 g) do prego.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns (BOP, DOG e perfil do contratante (http://dpouv2.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante).

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Castro Caldelas.

8. Apertura de ofertas e criterios de adxudicación: artigos 16 e 17 do prego.

Castro Caldelas, 20 de marzo de 2014

Eladio Osorio Castro
Alcalde