Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14183

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do concello no solo apto para urbanizar SAU-I (SP-17-I/T).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de Caldas de Reis no solo apto para urbanizar SAU-I (SP-17-I/T), promovido polo Concello de Caldas de Reis, o que se somete a información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia, polo prazo dous (2) meses, a partir da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos previstos no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, durante o cal poderá ser examinado no Departamento de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é ata o 25 de xaneiro de 2015.

A aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento no ámbito do SAU-I, modificará a ordenación actualmente prevista no documento de Plan xeral de ordenación municipal aprobado inicialmente (SP-17-I/T), e a dita ordenación queda no plan xeral substituída pola que resulte definitivamente aprobada no expediente de modificación puntual das normas subsidiarias.

Caldas de Reis, 3 de marzo de 2014

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente