Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de marzo do 2014 pola que se notifica requirimento do 19 de febreiro de 2014 de retirada de vehículo con matrícula 3145-CRT, abandonado no dominio público portuario do porto do Grove.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello do Grove a Fabricio Fernández Aguin, con DNI 76868085, en tanto que propietario do vehículo marca Opel, modelo Vectra, con matrícula 3145-CRT, o seguinte requirimento:

Segundo acta do 9.5.2013 levantada polo celador gardapeiraos responsable do porto do Grove, acompañada de fotografías, na zona portuaria do Grove atópase desde hai tempo, en concreto un mes, o vehículo con matrícula 3145-CRT, de cor negra, marca Opel, modelo Vectra, en claro estado de abandono, facéndose mención concreta da existencia dunha roda picada, estragos na carrozaría e o interior cheo de residuos.

Efectuada consulta coa Policía Local do Grove, o celador gardapeiraos informa o 28 de xuño de 2013 que o vehículo non pasou a última ITV e que se atopa sen seguro obrigatorio desde o 6 de febreiro de 2013.

Considerando o exposto, e dado que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que, nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Diario oficial de Galicia ou exposición no taboleiro de edictos do Concello do Grove, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto do Grove.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia