Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición RR/CAL/2013/00091.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de reposición RR/CAL/2013/00091, devolta polo servizo de correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, só cabe recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente ou do da comparecencia, se é o caso.

Reclamante: Ferralla Pastoriza, S.L.; expediente: RR/CAL/2013/00091; tipo de resolución: desestimatoria.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas