Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Ganadería Chousa Vella, S.C.
Domicilio social: Piñor de Cea, 32137 Piñor.
Denominación: LMT e CT para granxa en Chousa Vella (O Castro-San Salvador).
Situación: Piñor de Cea e Dozón.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, de 1161 m de lonxitude, con condutor LA-56, con orixe no apoio existente situado no lugar da Corna-Santa María do Desterro (Piñor de Cea) da LMT de Unión Fenosa Distribución ALB802 Boborás e remate no CT aéreo proxectado de 50 kVA e R/T 20.000 /400-230 V situado en Chousa Vella-O Castro (concello de Dozón).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 27 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Ourense, 11 de marzo de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial