Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Roberto Rodríguez Cea, con NIF 76981622R, a solicitude de incautación de garantía financeira para o cumprimento do plan de restauración ambiental da autorización de explotación de recursos da sección A) Marina nº 241.
Comunícase o anterior, concedéndolle un prazo de 10 días, contado desde o seguinte ao da publicación de este edicto, para que poida presentar as alegacións así como os documentos e xustificacións que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 12 de marzo de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra