Begoña Feijoo Juarros, Concepción Mújico Valiño, Ana Elena Fábregas Valcarce e Juan Manuel Quintas Lorenzo interpuxeron recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento abreviado 117/2014 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.
O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Orde do 16 de outubro de 2013, do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación. En concreto, o dito recurso contencioso-administrativo diríxese contra os epígrafes 1.1, 1.2 e 4 do baremo de méritos que se recolle no anexo XIV desa orde.
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos